jueves, 30 de octubre de 2014

REFLEXIÓN MARCO PERSOAL


Competencias persoais para a orientación.


Resulta moi interesante pararse a analizar as competencias persoais que debemos ter os orientadores para un bo desempeño da nosa labor. Sobre todo tendo en conta que non existe unha única formación que habilite ós profesionais desta área.

Máis alá dos diferentes puntos de vista que pode haber  con respecto ós títulos máis axeitados para os orientadores laboráis ( pedagoxía, psicoloxía, educación social, traballo social…), centrarei esta pequena reflexión sobre todo nas competencias comunicativas, competencias e habilidades sociais e competencias dixitais.

¿Por qué son tan importantes as competencias comunicativas? Non podemos esquecer que a principal ferramenta que empregamos na orientación é a entrevista individualizada, a través da cal interactuamos cos demandantes de emprego que acuden a nós en busca de apoio e asesoramento.



En moitas ocasións as persoas que acuden ás entrevistas de orientación atópanse nunha situación complicada, e buscan en nós un apoio e unha guía para encauzar o seu itinerario formativo e laboral.

Ante esta situación, debemos ter unha boa capacidade de escoita, crear un clima de confianza no que o demandante de emprego se sinta a gusto. Neste senso a comunicación non verbal é vital: un sorriso, un apretón de mans, signos de asentimento ante o que nos contan, amosan interese pola persoa e polo que nos está contando.

Tamén resulta esencial adecuar a nosa linguaxe ó demandante, sen necesidade de utilizar e perdernos en tecnicismos que o demandante non ten  porque dominar, procurando de vez en cando que a persoa nos devolva un feedback do que está a entender, dado que  como sabemos, o crucial non é o que nós comunicamos, senón o que o que o receptor entende.

Debemos polo tanto adecuar o código que utilicemos ós demandantes ós que atendemos, para facilitar deste xeito a comunicación e asegurarnos que logramos transmitir o que pretendiamos.

En definitiva, temos que ter claro que como orientadores, non somos meros transmisores de información, senón que debemos ser sobre todo, uns bos comunicadores.

E como bos profesionais tampouco debemos descoidar as nosas competencias dixitais. Sen lugar a dúbidas, e a pesar das reticencias de moitos profesionais, non podemos deixalas de lado, dado que nos proporcionan unha serie de ferramentas moi interesantes  para comunicarnos coas personas ás que orientamos.



Non podemos obviar que estas redes sociais están cambiando tanto a maneira de posicionarse ante os empleadores como a maneira en que estes últimos afrontan o reclutamento de persoal. Polo tanto se pretendemos asesorar ós demandantes na procura de emprego debemos ter unhas boas competencias e un bo manexo destas ferramentas.

Non hai profesionais 2.0, só profesionais de algo que comparten na Rede



No hay comentarios:

Publicar un comentario