jueves, 30 de octubre de 2014

A CURACIÓN DE CONTIDOS

Os orientadores como curadores de contidos


Os orientadores somos, aínda que sin sabelo, grandes curadores de información: todos os días revisamos decenas  e decenas de páxinas buscando información  relativa a ofertas de emprego, ofertas de formación, becas, prácticas laboráis, lexislación…, analizamos aquelas que nos aportan información relevante, e empregámola para darlle un mellor servizo ás persoas  que orientamos.

¿En qué consiste a curación de contidos? A curaciónde contidos é o proceso mediante o cal cribamos e seleccionamos de entre a gran cantidade de información de internet, o contido que verdadeiramente aporta valor e marca a diferencia sobre un tema en concreto.



A curación de contidos,  axúdanos a loitar contra a infoxicación á que estamos expostos, e sobre todo axúdannos a optimizar o noso tempo, ofrecéndonos nun só clic unha información filtrada e actualizada daqueles temas que nos resultan de interese.


Paréceme preciso resaltar neste senso, que se trata de dar valor ás entradas recopiladas por estas ferramentas, non só de copialas e pegalas sen máis. Deste xeito poderemos mellorar o noso posicionamento na web e a nosa marca persoal, aumentando as posibilidades de que outras persoas compartan na rede as nosas aportacións.

Son múltiples as ferramentas que existen para a curación de contidos (Scoopit, Feedly, Buffer...), cada unha das cales ten unha funcionalidade concreta.

A continuación amoso unha captura do Feedly que fixen donde recopilo información sobre temas relacionados coa miña labor como orientadora. Trátase dunha ferramenta moi intuitiva e fácil de empregar:


Se vos interesa o tema e queredes indagar sobre el, recoméndovos os seguintes enlaces:



No hay comentarios:

Publicar un comentario