jueves, 30 de octubre de 2014

A CURACIÓN DE CONTIDOS

Os orientadores como curadores de contidos


Os orientadores somos, aínda que sin sabelo, grandes curadores de información: todos os días revisamos decenas  e decenas de páxinas buscando información  relativa a ofertas de emprego, ofertas de formación, becas, prácticas laboráis, lexislación…, analizamos aquelas que nos aportan información relevante, e empregámola para darlle un mellor servizo ás persoas  que orientamos.

¿En qué consiste a curación de contidos? A curaciónde contidos é o proceso mediante o cal cribamos e seleccionamos de entre a gran cantidade de información de internet, o contido que verdadeiramente aporta valor e marca a diferencia sobre un tema en concreto.



A curación de contidos,  axúdanos a loitar contra a infoxicación á que estamos expostos, e sobre todo axúdannos a optimizar o noso tempo, ofrecéndonos nun só clic unha información filtrada e actualizada daqueles temas que nos resultan de interese.


Paréceme preciso resaltar neste senso, que se trata de dar valor ás entradas recopiladas por estas ferramentas, non só de copialas e pegalas sen máis. Deste xeito poderemos mellorar o noso posicionamento na web e a nosa marca persoal, aumentando as posibilidades de que outras persoas compartan na rede as nosas aportacións.

Son múltiples as ferramentas que existen para a curación de contidos (Scoopit, Feedly, Buffer...), cada unha das cales ten unha funcionalidade concreta.

A continuación amoso unha captura do Feedly que fixen donde recopilo información sobre temas relacionados coa miña labor como orientadora. Trátase dunha ferramenta moi intuitiva e fácil de empregar:


Se vos interesa o tema e queredes indagar sobre el, recoméndovos os seguintes enlaces:



REFLEXIÓN MARCO PERSOAL


Competencias persoais para a orientación.


Resulta moi interesante pararse a analizar as competencias persoais que debemos ter os orientadores para un bo desempeño da nosa labor. Sobre todo tendo en conta que non existe unha única formación que habilite ós profesionais desta área.

Máis alá dos diferentes puntos de vista que pode haber  con respecto ós títulos máis axeitados para os orientadores laboráis ( pedagoxía, psicoloxía, educación social, traballo social…), centrarei esta pequena reflexión sobre todo nas competencias comunicativas, competencias e habilidades sociais e competencias dixitais.

¿Por qué son tan importantes as competencias comunicativas? Non podemos esquecer que a principal ferramenta que empregamos na orientación é a entrevista individualizada, a través da cal interactuamos cos demandantes de emprego que acuden a nós en busca de apoio e asesoramento.



En moitas ocasións as persoas que acuden ás entrevistas de orientación atópanse nunha situación complicada, e buscan en nós un apoio e unha guía para encauzar o seu itinerario formativo e laboral.

Ante esta situación, debemos ter unha boa capacidade de escoita, crear un clima de confianza no que o demandante de emprego se sinta a gusto. Neste senso a comunicación non verbal é vital: un sorriso, un apretón de mans, signos de asentimento ante o que nos contan, amosan interese pola persoa e polo que nos está contando.

Tamén resulta esencial adecuar a nosa linguaxe ó demandante, sen necesidade de utilizar e perdernos en tecnicismos que o demandante non ten  porque dominar, procurando de vez en cando que a persoa nos devolva un feedback do que está a entender, dado que  como sabemos, o crucial non é o que nós comunicamos, senón o que o que o receptor entende.

Debemos polo tanto adecuar o código que utilicemos ós demandantes ós que atendemos, para facilitar deste xeito a comunicación e asegurarnos que logramos transmitir o que pretendiamos.

En definitiva, temos que ter claro que como orientadores, non somos meros transmisores de información, senón que debemos ser sobre todo, uns bos comunicadores.

E como bos profesionais tampouco debemos descoidar as nosas competencias dixitais. Sen lugar a dúbidas, e a pesar das reticencias de moitos profesionais, non podemos deixalas de lado, dado que nos proporcionan unha serie de ferramentas moi interesantes  para comunicarnos coas personas ás que orientamos.



Non podemos obviar que estas redes sociais están cambiando tanto a maneira de posicionarse ante os empleadores como a maneira en que estes últimos afrontan o reclutamento de persoal. Polo tanto se pretendemos asesorar ós demandantes na procura de emprego debemos ter unhas boas competencias e un bo manexo destas ferramentas.

Non hai profesionais 2.0, só profesionais de algo que comparten na Rede



CURACIÓN DE CONTIDOS: FEEDLY E SCOOP.IT




Sergio Ortega define a CURACION DE CONTIDOS como a capacidade por parte dun sistema o dun ser humano de atopar, organizar, filtrar e dotar de valor, relevancia, significatividade, en definitiva, de utilidade o contido dun tema específico que procede de diversas fontes (medios dixitais, ferramentas de comunicación, redes sociais…).. 


Esta curación e crucial para non saturamos nun exceso de información e poder distinguir a información relevante da non relevante. As ferramentas para a curación de contidos permiten filtrar e organizar a información, por exemplo, a tecnoloxía RSS que permite realizar subscricións especificas a sitios concretos cando estes teñan novos contidos.


Algunhas das ferramentas a utilizar son o FEEDLY( que utiliza a tecnoloxía RSS)  e o SCOOP.IT( agrega publicacións web de interese)



O feddly permite estar o tanto de todaLas novidades dos nosos sitios web de referencia, so con seguilos, e permite agrupar as fontes de información e organizalas para unha mellor lectura de contidos. Un exemplo do meu feedly: 


O scoop, it permite acceder a contidos web e permite a un usuario agregar as mellores páxinas web referentes a un tema, reunilas baixo un formato de "xornal”. Uns exemplos do meu scoop.it: 







Traballando con elas, puiden ver cal eras as VANTAXES e DESVANTAXES de cada unha. 



Por exemplo, no feedly e moi útil organizar as nosas subscricións ás paxinas por categorías, a desvantaxe e que hai algunhas paxinas que non posúen a tecnoloxía RSS e por tanto, non existe a opción de subscribirse.


O scoop.it permite acceder a moita información( paxinas web, blogs, noticias) relacionado co "tópico"( categoría) elixido, pero aínda así a desvantaxe  e que resulta demasiada información e temos que filtrala de novo “manualmente”

miércoles, 29 de octubre de 2014

Curando mis contenidos para no morir de Infoxicación

Dentro de las múltiples competencias que debe tener un orientador/a laboral está el conocimiento de la legislación, normativa específica y recursos sobre emprego, prestaciones, fiscalidad, impuestos, etc., pero además está el deber de actualización permanente, refiriéndose esta competencia a la necesidad de estar al día en cuanto a contenidos y técnicas que puedan mejorar nuestro trabajo, leer documentos institucionales, revistas, blogs, etc.

Estas competencias requieren de un trabajo constante de actualización y revisión de diversas fuentes. Tarea que implica mucho tiempo. Si recurrimos a Internet como vía de actualización, nos encontraremos ante una fuente inagotable de información, y tanta proliferación de contenidos hace que nos ahoguemos en un mar de enlaces, documentos, carpetas, etc., que consultar día a día. O lo que los entendidos de la materia denominan...que nos Infoxiquemos.




Pero que significa el término Infoxicación? Según la Wikipedia, infoxicación se refiere al "estado de contar con demasiada información para tomar una decisión".


Hasta ahora no sabía lo que era la Infoxicación, pero en cuanto conocí el término me vi reflejada completamente. Que hacía yo para organizar mis contenidos a revisar, pues recurrir a Mis Favoritos de los navegadores. Pero que me ocurría, que pasaba muchísimo tiempo abriendo y cerrando carpetas, buscando un enlace, revisando, etc., con lo que me perdía por el camino.

Pero el mismo día que descubrí que estaba infoxicada, supe que mi mal tenía cura y se denominaba Curación de Contenidos.
La Curación de Contenidos consiste en buscar, encontrar, seleccionar y distribuir los contenidos e información relevantes para nosotros, separándolos del resto. Es una estrategia que nos ayuda a filtrar los contenidos a través de un proceso sistemático y automatizado, que nos ahorra tiempo y nos facilita la toma de decisiones.
Para facilitarnos la curación de contenidos existe diferentes herramientas. Así, podemos utilizar las RSS como estrategia de filtrado, para ello solo tenemos que utilizar un lector de RSS que se encarga de verificar la existencia de contenido en los sitios a los que estamos suscritos. Un ejemplo de lector de RSS es Feedly.

A continuación os muestro el Feedly que poco a poco estoy creando y que me está ayudando en mi curación de contenidos.









Otro servicio, pero más visual, de Curación de Contenidos es Scoop.it.
Scoop.it nos permite reunir información para mostrarla, enlaces que para nosotros son interesantes y que nos ayudan a conformar un tópico.

He utilizado Scoop.it para crear un tópico sobre la Búsqueda de Empleo. En el tópico he insertado enlaces interesantes que trabajan las diferentes habilidades, herramientas, canales, etc., que intervienen en la búsqueda de empleo.
Ambas herramientas me han resultado interesantes. Pero creo que a nivel profesional le voy a dar mas uso a Feedly para gestionar mis consultas. Aunque Scoop.it pienso que em ayudará a organizar la informacion que transmito a mis demandantes, ya que al unificarla en un tópico me permite facilitarles multitud de recursos que tienen una línea en común que quiero trabajar con ellos/as.

Scoop.it - Busqueda de Empleo


Ambas herramientas, tanto Scoop it como Feedly, me han resultado interesante. Pero creo que a nivel profesional le voy a dar más uso a Feedly para gestionar mis contenidos. Aunque Scoop it creo que me ayudará a organizar la información que transmito a mis demandantes, ya que al unificarla en un tópico quedan más unidas, lo que me permite que al facilitarles el enlace al tópico que he creado puedan acceder a todos los recursos que he unificado para trabajar esa tarea en concreto.

A continuación os dejo una infografía que refleja, de manera resumida,  la reflexión anterior sobre la curación de contenidos. 





Reflexión módulo 2




Reflexión persoal. Módulo 2

A miña reflexión persoal sobre o módulo 2 céntrase en dous aspectos fundamentais en relación aos contidos abordados neste módulo. Por un lado as habilidades sociais, tan necesarias para afrontar a busca de emprego e por outro, as habilidades e competencias tecnolóxicas, como complemento imprescindible para abordar a orientación laboral na actualidade, tanto dende o punto de vista da persoa orientada como dos profesionais da orientación laboral.

Cando unha persoa está buscando traballo, atópase inmersa nunha multitude de emocións que condicionan sen dúbida o seu comportamento nese proceso e a súa maneira de abordar o mesmo. Estas emocións afectan en maior ou menor medida a nosa vida diaria e as nosas relacións sociais.
Unha persoa que pasa por un longo período de desemprego soe ter unha baixa autoestima. Para evitar isto é necesario dotar ás persoas desempregadas das ferramentas necesarias para aprender a motivarse, facendo que sexan conscientes do seu estado emocional, dos seus puntos fortes e facendo que sexan capaces de transformar as súas debilidades en fortalezas.  


A intelixencia emocional é esa capacidade de manexar as emocións en beneficio propio, saber recoñecer os sentimentos propios e alleos e sabelos manexar.
Este aspecto é moi importante si partimos do que nos di Daniel Goleman no seu libro “intelixencia Emocional”: Á HORA DE TER ÉXITO NA VIDA, A INTELIXENCIA COGNITIVA (intelectual) TEN UN IMPACTO DE ENTRE UN 10 E UN 20%, E A INTELIXENCIA EMOCIONAL ENTRE UN 80 E UN 90%.
 
Ninguén pode negar a enorme influencia que exercen as emocións nos nosos pensamentos e en consecuencia nas nosas condutas e nun proceso de busca de emprego, como noutros aspectos da vida,  é fundamental tamén un manexo adecuado das emocións.
Non podemos polo tanto como orientadores pasar por alto este aspecto á hora de desenvolver o noso traballo e sobre todo, tendo en conta que esta intelixencia que nos ocupa, NON É ESTABLE, polo tanto PÓDESE MELLORAR.


Debemos polo tanto como orientadores/as provocar a motivación e facilitar recursos e ferramentas para que as persoas que acoden a orientación podan  aprender e adestrarse en todas aquelas habilidades que están relacionadas coa intelixencia emocional e que van a favorecer que consigan o seu obxectivo profesional.

Estas habilidades son: 

  • ·    Autoconciencia: que aprendan a coñecerse a eles mesmos e a familiarizarse coas súas emocións. 
  • ·  Xestión das emocións: Si coñecen as súas emocións, terán que aprender tamén a manexalas.
  • ·    Motivación: as emocións condicionan a motivación para lograr os obxectivos. A forma de afrontar a busca de emprego está estreitamente relacionada co nivel de intelixencia emocional.
  • ·    Empatía: entender como se sinte a outra persoa para respostar de xeito axeitado.
  • ·   Habilidades sociais: capacidade de relacionarse cos demais de tal xeito que se consigan o máximo de beneficios  e diminúan as consecuencias  negativas.
 
E para favorecer que a intelixencia emocional das nosas persoas usuarias mellore, temos que motivar e provocar o cambio de actitude ante a busca desde un punto de vista positivo, proactivo e de implicación persoal. 

Pero para realizar unha orientación integral e adaptada as novas necesidades da sociedade, a orientación ten que alimentarse cada vez máis do uso das TIC e das ferramentas web 2.0 para o que se fai necesario o coñecemento e manexo das competencias dixitais para a orientación laboral.
Atopámonos nun momento no que a sociedade vive nun permanente estado de revolución e cambio tecnolóxico como levamos vendo ao longo de todo o curso e os orientadores non podemos ignorar esta evidencia polo que debemos integrar a tecnoloxía nas nosas funcións profesionais. Debemos polo tanto xogar un papel activo como axentes de cambio, contribuíndo a promover e facilitar o acceso aos recursos tecnolóxicos co obxecto de facilitar a busca de emprego e a autonomía de uso. Isto producirá un efecto positivo na autoestima e repercutirá na motivación para afrontar a busca de emprego de xeito máis activo.

Beneficios dos recursos tecnolóxicos na orientación:

  • ·         Constitúen unha importante fonte de información e recursos
  • ·         Facilitan o acceso, almacenamento, tratamento e difusión de grandes cantidades de información.
  • ·         Medio de comunicación e colaboración interpersoal, rompendo coas barreiras espacio-temporais.
  • ·         Novos entornos de orientación: a distancia
  • ·         Instrumentos de xestión e administración
  • ·         Soportes específicos de asesoramento
  • ·         Mellora no funcionamento e calidade dos procesos e servizos orientadores.
  • ·         Maior motivación dos destinatarios das accións
  • ·         Satisfacción das novas necesidades das persoas orientadas.

Por todo o anterior, faise necesario que o persoal de orientación adquira un perfil profesional no que conflúan as competencias básicas e imprescindibles (de carácter xeral e específicas), con aquelas de carácter técnico  que lle permitirán facer un uso efectivo dos recursos TIC co fin de dar resposta ás novas demandas formuladas polas persoas que acoden aos servizos de orientación.
Estas habilidades tecnolóxicas resultan imprescindibles para o noso traballo xa que están presentes en todos os ámbitos sociais e implican a necesidade de adquirir as destrezas técnicas necesarias e a capacidade crítica para facer un uso adecuado e efectivo das mesmas.